“España foi inxusta comigo”

Unha frase sen ningún tipo de desperdicio. Parece unha expresión máis ben saída da boca dun político que dunha persoa detida inxustamente en condicións estrañas, nun país que de non ter tido a nacionalidade que ten e ao que cualifica de inxusto, probablente a estas alturas aínda seguiría en México.
O que si está claro, é que a moza galega soubo gañarse a popularidade antes e despois. Cando todo parecíater chegado ao seu fin, Ana María decidiu pousarespida para Interviú. As súas fotosprovocaron opinións atopadas entre os seus veciños. Pechou a sua perruquería xusto o día da publicación das polémicas imaxes, pero afirma que dáballe máis vergoña ensinar as esposas en México que mostrar os seus peitos espidos. Porqué pechas entón?.
Está claro, non pode pensar que tras manter á súa vila e a toda España co corazón nun puño cando a detiveron agora nos quedemos sentados de brazos cruzados coma se non nos importáse ou non puidésemos opinar de iso. Esa España que ela califica de inxusta, é unha España demócrata e solidaria, con ela foino, e volveríao a selo, seguro.
Ao seu regreso, declarou que a experiencia lle fixo máis forte, tanto que agora decidiufacer rendiblea súa historia pousando para a revista Interviú co obxectivo de sufragar os gastos en avogados durante o seu periplo mexicano. Segundo certas informacións publicadas algúns diarios, a galega sacaríase 50.000 euros polo reportaxe. O que está claro, é que a ninguén amárgalle un doce, e o diñeiro o é, senón para todos, si para unha inmensa maioría. Unha forma rápida de encher opeto e gañar popularidade. Moi respetable, si. Pero criticable tamén.
